Unha viaxe moi especial ✈️💚
Na pasada xornada vivimos na Malata un momento fermoso ✨
Iker Álvarez e a súa familia, naturais de Barcelona, acudiron o pasado domingo á nosa casa para celebrar o seu 18 aniversario. Unha viaxe especial, xa que fai uns anos que Iker segue ao noso club e ao noso capitán desde a distancia.
Ao rematar o partido, Álvaro quixo ter un detalle con el e entregoulle a súa camiseta. Un recordo que, seguro, gardará con agarimo 🥹
Historias coma esta lembran que o racinguismo non entende de fronteiras.
Vós, afección, sodes o motor que nos move. Grazas, porque todos xuntos #SomosDeFerro