Ana Benítez Eiras é outra das protagonistas do proxecto “De Avoas a Netas: Nomeando O Rosal”.
🏡 Ana naceu nas Eiras en 1935. Cando tiña un ano, estalou a Guerra Civil, un conflito que marcou moitas vidas. A súa nai estivo 19 meses sen saber do seu pai, preso en Teruel, ata que, grazas a outro rosaleiro, souberon que estaba ben.
🧑🧑🧒🧒 Xunto coa súa familia viviu no Rosal ata os 11 anos, momento no que emigraron a Castela para ir traballar no campo, lugar onde xa traballaba o seu pai despois de regresar da Guerra Civil. “Nós fomos emigrantes todos, toda a familia”, cóntanos Ana na entrevista.
⌛️ Voltou ao Rosal uns anos despois, onde viviu a posguerra, unha etapa moi dura na que o racionamento era algo co que convivían. Mais tamén existían as cousas boas, coma as festas ou as celebracións do entroido, nun momento no que a cohesión entre a veciñanza era “mellor”.