💙 Feliz Día do Pai 💙
Hoxe queremos render unha homenaxe a todos eses pais que, co seu esforzo diario, coidan, acompañan e constrúen futuro para os seus fillos.
Pais que son guía, refuxio e exemplo… mesmo nos silencios, mesmo nos xestos máis pequenos.
E tamén a todas aquelas mamás que fan de pais, demostrando cada día unha forza e un amor inmensos.
Dende o Concello de Boborás desexámosvos un día cheo de orgullo, agarimo e recoñecemento.