✨Presentámosvos o proxecto da rúa peonil entre a rúa Brasil e a Praza do Concello, un espazo amplo, cómodo e seguro onde a prioridade será camiñar con tranquilidade, convivir e gozar do espazo público.
👉 Que incluirá esta nova rúa?
▪️ Soportais a ambos lados, para protexer da choiva e do sol
▪️ Zonas amplas para pasear con comodidade
▪️ Un espazo central con áreas deportivas e de xogo infantil
▪️Árbores e zonas verdes con vexetación autóctona
▪️Tráfico moi limitado, só para acceso a garaxes
🌱 O obxectivo é crear unha contorna máis segura, accesible, inclusiva, sostible e saudable, eliminando barreiras arquitectónicas, reducindo ruídos e fomentando a convivencia, o lecer e a actividade física.